As novas Chancas

As Chancas é un vial moi transitado porque une Perlío e Barallobre, evitando a estrada da Palma.
20 de Febreiro, 2019 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene conclúe as obras na rede de saneamento e pavimentación do camiño do Cádavo ás Chancas, en Perlío. Investironse uns 73.000 euros.

O Concello de Fene vén de concluír as obras de adecuación e mellora do camiño do Cádavo ás Chancas, na parroquia de Perlío. Unha intervención que precisou dun investimento de 73.771 euros procedentes do POS+ 2017. O paso do tempo e o intenso tráfico que rexistra o camiño derivaron nun evidente deterioro do vial ao que agora se puxo remedio. En concreto, actuouse no treito que arranca da ponte sobre o río Magalofes ata a parte alta, nas Chancas. Uns 235 metros con graves deficiencias no firme e incluso con ausencia do mesmo en zonas puntuais. Así as cousas, a intervención contemplou a pavimentación do vial. O Concello tamén levou a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga potable, moi antiga e con constantes roturas e avarías ata este momento. Así mesmo, instalouse na zona unha rede de saneamento de augas pluviais para evitar que estas circulasen libremente sobre a vía na época de choivas.

Institucional

Publica o teu comentario agora