Novas naves de oficios e pañol de obras no Polígono de Espiñeira

Novas naves de oficios e pañol de obras no Polígono de Espiñeira

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro inaugurará este venres, día 4 de marzo, ás 12.00 horas, as novas naves de oficios e pañol de obras, situadas no Polígono Industrial de Espiñeira, na mesma parcela que a recentemente inaugurada sede do “Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias”. Ambas construcións foron financiadas con cargo aos fondos FEIL 2009 e FEESL 2010, cun importe conxunto de algo máis de 976.000 euros. O Alcalde de Boiro, Xos&eac

Esta nova infraestrutura consta de dúas naves dedicadas a aparcamento de vehículos; unha con 245,35 metros cadrados, que se destinará a albergar, entre outros, os camións do lixo, que actualmente quedan estacionados na rúa, e outra de 215,17 metros para outros vehículos municipais (tractores, matraquillos, etc.). A maiores, hai outras catro naves deseñadas para acoller os distintos talleres de oficios (carpintería, forxa, electricidade, etc.), cunha superficie que oscila entre os 180 e os 130 metros cadrados. Isto compleméntase con vestiarios, aseos adaptados e outros servizos. Os operarios municipais destinados ás distintas brigadas de vías, obras e servizos están a realizar o traslado ás novas dependencias, unhas instalacións modernas e funcionais que permitirán deixar libres as que viñan ocupando nas “colonias”, en Praia Xardín, recinto para o que o goberno está a estudar e avaliar distintos usos.

Sociedade