Novas prazas para actualizar a administración local

Fene aproba a oferta pública de emprego do 2020
27 de Novembro, 2020 - 10:08 h. | Publicada por Radio Fene

Non vai poder celebrarse a cabalgata de Reis este ano, segundo anuncia a portavoz municipal do BNG de Fene, Sandra Permui. A concellería de Cultura está buscando outras alternativas para que os pequenos e pequenas non queden sen celebrar esa data e apunta que haberá algunha sorpresa.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene aprobou a oferta pública de emprego no pleno extraordinario celebrado esta semana. Modifícanse algúns postos de traballo e créanse outros novos en base ás necesidades de renovar aqueles que resultan obsoletos e prestar unha mellor atención á cidadanía. Na OPE 2020, acordada cos sindicatos, figura a creación dunha praza de oficial sepultureiro, unha praza de peón-a de xardíns, esta destinada a persoas con diversidade funcional, e unha de administrativo-a para intervención. Pendentes da aprobación definitiva están as bases específicas para cubrir as prazas pendentes dos anos 2017, 2018 e 2019. Figuran unha praza para o servizo de limpeza e unha de auxiliar administrativo (2017); un técnico para a administración xeral e unha praza de conserxe (2018) e unha de Arquitecto técnico (2029).

Segundo informa a concelleira responsable de persoal, vai a bo ritmo a redacción dos Orzamentos de 2021. A concellería de Facenda traballa para ter uns bos orzamentos en próximas datas. En relación coas actuacións en San Valentín da concellería de Obras e Servizos que dirixe Mar Piñeiro, rematou a intervención na Avenida da Cooperación que consistiu no aglomerado da vía que soporta mais tráfico no barrio. Está pendente proceder ao seu pintado e sinalización. Polo demais rematouse a reurbanización no bloque número 2 e procédese actualmente á dos bloques 5 e 6. Outra actuación en marcha é a poda de árbores que está a punto de rematar na avenida Marqués de Figueroa, retrasada a causa das condicións climáticas.

Institucional

Publica o teu comentario agora