Nove clubes disputan en Narón a 2ª xornada da Liga alevín de natación

Nove clubes disputan en Narón a 2ª xornada da Liga alevín de natación

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Participarán nadadores e nadadoras do CN Fene, Club Mariña, CN Coruña, Club do Mar,
Fluvial de Lugo, CN Albatros, CN Arteixo, CN Arzúa e os anfitrións. A competición dará comezo ás 17:30 horas e as probas a disputar son: 200 Libres, 100 costas, 200 braza e a substitución de 4 x 50 bolboreta.
Na organización da xornada colabora o Padroado de deportes do Concello de Narón

Noutra fronte estará o nadador, Miguel Graza (94), que formará parte da selección Galega  Infantil que disputará en Don Benito (Badaxoz) o  Campionato de España por autonomías, os días 12 e 13 de decembro.  Mentres a nadadora  naronesa, Mariña Filgueira (97), estará coa selección galega que se despraza a Coimbra (Portugal) a disputar o I Memorial Luís Lopes.

Deportes