Nove santos

Hai 40 anos que Sillobre non saca en procesión aos nove santos que habitan na igrexa parroquial
16 de Xullo, 2019 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia fenesa de Sillobre celebra á patroa Santa Mariña e á Virxe do Carme, o xoves 18 e venres 19 de xullo.

ESCOITA O PODCAST:

Sillobre toma o testigo das festas en Fene esta mesma semana. O xoves 18 e venres 19 a parroquia celebra as festas de Santa Mariña e da Virxe do Carme. O xoves ás 9 da mañá arrancan co pasarrúas dos gateiros. Ás 13h terá lugar a misa con procesión acompañada pola agrupación musical Nuestra Señora del Carmen. Unha procesión especial segundo o portavoz da comisión de festas, Bruno Aneiro, porque a banda que tocará ten 50 músicos e por primeira vez despois de 40 anos sairán todas as imaxes. Necesítanse 36 persoas para portalas.

A sesión vermú contará coa actuación do Grupo Pasión. E pola noite éstes acompañarán na verbena á orquestra Os Satélites, unha agrupación moi demandada pola xente maior da parroquia. O venres á 1 será a Misa solemne coa procesión de tódolos santos, pero noutra orde porque a protagonista o segundo día é a virxe do Carme, e a sesión vermú con Nevada, que pola noite actuará xunto a Kalima 3.0

Cultura

Publica o teu comentario agora