Noventa anos de romaría

Noventa anos de romaría
05 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A banda da Loba e O Sonoro Maxín actuarán este ano na romaría do Pote de Maniños. O festexo cumpre noventa anos desde que comezou a celebrarse nesta parroquia de Fene. Maniños tamén festexa este 2023 o centenario do campo da festa.

ESCOITA O PODCAST:

O presidente da Asociación O Pote Javier Rodriguez fala da romaría deste ano:

http://173.255.131.18/audio/050823RODRIGUEZ.mp3

Campo da festa de Maniños. Arquivo Jorge Gómez

No ano 1923 un grupo de veciños de Maniños adquiriu seis ferrados de terra no lugar do Pombal, constituíndo o embrión das actuais propiedades da Sociedade O Pote. Os promotores recorreron a parroquia solicitando colaboración económica para habilitar un campo da festa. No seu nacemento a entidade do Pote denominouse Sociedade de Amigos das Arbores da parroquia de Maniños. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora