Noventa postos no mercado medieval da Coca

Noventa postos no mercado medieval da Coca

12 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Aínda que as precipitacións na tarde noite do mércores desluciron a lectura do pregón onte o bó tempo sí acompañou e foron milleiros as persoas que ateigaron o casco antigo e o centro da vila para gozar do día grande das festa coa procesión do Corpus e a tradicional Danza das Espadas na que os mozos da vila, emulando aos mariñeiros do século XVI festexan da derrota do dragón.

Unha festa declarada de interese turístico galego e que continúa hoxe coas súas celebracións. Pola tarde haberá balonmán na pista da Xunqueira e as 19:30 horas celebrarase un concerto na praza da constitución a cargo da banda de música Víctor Ureña do Conservatorio. A verbena de hoxe estará amenizada pola orquestra Ledicia e Grupo América.

Xa na fin de semana o acto central será o mercado medieval que converterá o casco vello nun gran mercado de época con noventa postos nos que se ofertarán diferentes produtos de artesanía e alimentación. Dende a concellería de cultura pretende fomentar esta recreación que se celebraba o pasado ano por primeira vez. Por este motivo fan un chamamento as veciños para que participen disfrazándose.

Haberá ademais obradoiros demostrativos e xogos medievais así como música, pasarrúas e animación itinerante. Na noite de mañá haberá ademais un espectáculo nocturno de lume na pista da xunqueira

Os actos relixiosos e as verbenas continuarán durante toda a fin de semana onde se prestará especial atención ao deporte con campionatos de petanca, patinaxe artístico e unha exhibición de tae-kwondo-do.

Sociedade