Novidosos cursos de verán da UDC

Novidosos cursos de verán da UDC

20 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Universidade da Coruña oferta este ano un total de 15 cursos de verán, centrados en diversas áreas de coñecemento e repartidos entre os meses de xuño, xullo e setembro. Tras o curso xa celebrado sobre educación infantil e o que se está a desenvolver sobre deseño mecánico, para o mes de xullo están previstos un total de once cursos. Na primeira semana desenvolveranse diversas propostas que abranguen desde novas tecnoloxías a

Para as mesmas datas está programado o curso titulado “Estratexias cidadás para tempos de crise”, unha novidosa temática que ten como obxectivo analizar os efectos que sobre o urbanismo tivo a crise económica e reflexionar sobre as estratexias que cómpre seguir para reconducir a forma e a vida urbanas a partir da situación presente, desde o punto de vista da xestión ambiental e social da arquitectura e da paisaxe urbana. O curso celebrarase no FORUM Carballo - Casa dos Oficios desta localidade, e está organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Tamén na primeira semana de xullo, entre os días 4 e 6, celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Elviña un obradoiro do chamado Teatro do Oprimido para a Transformación  Social e Educativa, que se presenta como unha metodoloxía que a través de xogos, exercicios e técnicas teatrais procura a desmecanización física e intelectual dos participantes, estimulando a busca de alternativas para a vida cotiá.

Sociedade