Novo catamarán nos Peares ata Pantón

Novo catamarán nos Peares ata Pantón

27 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Área de Turismo da Deputación de Lugo ven de poñer en funcionamento unha nova ruta de catamaráns no río Miño. O itinerario sae do embarcadoiro de Peares a 200 m. da presa no Concello de Carballedo, e vai ata a área recreativa de Maiorga no Concello de Pantón.

Na citada ruta poderánse observar con todo o seu esplendor igrexas como a de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova (declaradas Monumentos Históricos-Artísticos en 1950), así como a igrexa de San Estevo de Atán, todas elas románicas, ademáis de contemplar os Cañóns do Miño coas súas fervenzas e o seus bancais traballados polas máns do home durante centos de anos.

O servizo será diario e comeza o sábado 27 de marzo co seguinte horario:

Mañán: 12:00 horas.

Tarde:   16:00 horas.

A venta de billetes realizaráse no propio catamarán e tamén se poderán realizar reservas na páxina web www.rutasembalses.es ou no teléfono 982 260 196.

Sociedade