Novo lavado de faciana para a Praza do Perla

Novo lavado de faciana para a Praza do Perla

10 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene ven de acadar unha subvención de 18 mil euros para adecentar a Praza do Perla en Perlío. O proxecto prevé facer da Praza un espazo máis funcional, con bancos e traballos de xardinería.

O proxecto de adecentamento da Praza do Perla  ten un custe total de 22.000 euros, dos que o Concello achegará os  4.000 restantes aos 18.000 da subvención. Os traballos adaptaránse ao máximo ao espazo sobrante da praza, ocupado na actualidade pola obra en recordo aos cines de Fene.

Realizaránse traballos de axardinamento e instalaránse bancos.  A posta en marcha desta obra, a zona máis urbana de Fene, virá a completar a mellora e adecuación de prazas e zonas de lecer nesta área. A Praza do Ameneiral (Praza Verde) está sendo obxecto dunha gran reforma e con anterioridade instalouse tamén un dos circuitos biosaudables no parque Rosalía de Castro.

Sociedade