Novoneira para coleccionistas

Novoneira para coleccionistas

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ateneo ferrolán acolle unha Homenaxe a Uxío Novoneira, o venres dia 12 ás 20 horas. Preséntase a reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneira, con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores nunha homenaxe, hai dez anos. A carpeta está editada pola firma Rei Zentolo coincidindo coa adicatoria do Dia das Letras Galegas. Asistirá o fillo do homenaxeado, Uxío Novoneira Rei.

En decembro do 1999, pouco despois de falecer Uxío Novoneyra, a sua familia recibiu unha carpeta con colaboracións inéditas de máis dun cento de personalidades da cultura galega. Ocurríu no transcurso da homenaxe que poetas, músicos e artistas rendiron ao autor en Compostela. Dez anos despois, Rei Zentolo súmase ás celebracions do Día das Letras Galegas, adicado en este 2010 a Novoneira, coa edición dese material nunha carpeta de coleccionistas.

A edición conta cun primeiro volume que reúne os poemas que autores como Manuel María, Cesáreo Sanchez, Carlos Oroza, Anxo Pastor ou Méndez Ferrín, adicaron a Novoneyra. No segundo caderno figuran cartas, como as de Anxel Huete, Neira Vilas, Roberto Vidal Bolaño, Agustín García Calvo ou Francisco Rodríguez. E, nun terceiro apartado, figuran as láminas, 37 reproduccións de obra gráfica e 5 de fotografía, a mayoría adicadadas por artistas plásticos como Manuel Moldes, Acisclo Manzano Alexandro, Siro, Reimundo Patiño, Xaquín Marín, Xulio Maside, Menchu Lamas ou Quintana Martelo.
 
A todos os compradores se lles entrega un diploma acreditativo da Fundación Uxío Novoneyra, que certifica a autenticidade do libro e o seu número de tirada.

Sociedade