Nunca Máis afirma que o perito era parte interesada

Nunca Máis afirma que o perito era parte interesada

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O informe do enxeñeiro naval Santiago Martín Criado vaise converter no documento máis mentado na actualidade galega durante uns días. Nel baséase a xuíza de Corcubión, Carmen Veiras González, para levantar a imputación que pesaba sobre o antigo director da Mariña Mercante, José Luís López-Sors, e exculpar ao Ministerio de Fomento do Goberno de José María Aznar de responsabilidades no desastre do Pr

A declaración como perito de Martín Criado é o documento que xustifica as decisión do auto da xuíza, que exime de calquer culpa aos que tomaron a decisión de afastar o petroleiro da costa, provocando o maior desastre ecolóxico na historia de Galicia. O auto xudicial vai a ser recorrido pola Plataforma Nunca Máis. Un dos avogados do seu comité xurídico, Alejandro Martín explicou a Radiofusión que o enxeñeiro naval debe ser inhabilitado por ser parte interesada, xa que formara parte das xuntanzas nas que se decidiu levar o Prestige mar adentro. Ademais, entenden que a xuíza está a aceptar o informe dalguén que non é competente na materia.

Fronte as críticas dos que pensan que a teima de Nunca Máis en esixir responsabilidades ao Estado pode ir en contra dos contribuíntes, o letrado Alejandro Martín explica que o colectivo sempre defendeu que se restitúa a dignidade das persoas afectadas e que entre os denunciantes que se persoan na causa hai moitos particulares que non se deixan comprar.

Tamén se pronunciou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen explicou que, a título particular, non está nada satisfeito co auto da xuíza e xa adiantou que hai dilixencias que son precisas e que asumirá a asesoría xurídica da actual Administración en funcións.

Sociedade