Nunca Máis irá a Estrasburgo e sae ás rúas o 1º de decembro

Nunca Máis irá a Estrasburgo e sae ás rúas o 1º de decembro

21 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nunca Máis chegará até o tribunal europeo de Estrasburgo para denunciar a aldraxe do Prestige. A xestora de NM reunida onte en Compostela decidíu por unanimidade presentar recurso de casación perante o Supremo español pola sentenza da Audiencia da Coruña que deixa sen culpábeis á meirande catástrofe ecolóxica da historia recente de Europa. Nunca Máis entende que as responsabilidades dunha catástrofe ecolóxi

O pasado 13 de setembro, un xuízo monocasco de 11 anos de antigüidade e máis de 11.000 folios afundíu perantes as costas galegas provocando unha marea negra de 77.000 toneladas de impunidade. Sen responsábeis, sen culpábeis... Un verdito que retrta perfectamente a xustiza dun estado que a partires de agora será tamén o buro negro de Europa, un reino da impunidade no que petroleiras sen escrúpulos e políticos imcompetentes poderán lixar o que queiran, sen custo económico nen político.

Afirma Nunca Máis que "A hipocrisía da administración galega e do estado non ten límites: Láianse agora (coa boca pequena) de que o fallo non vai permitir resarcir os enormes danos causados pola marea negra e anuncian recursos. Mais foron eles, a fiscalía e a advogacía do estado, os que non permitiron a imputación do entramado empresarial (principalmente a clasificadora ABS) que puxo fronte ás nosas costas a unha chatarra flotante cargada de veleno".

Non acreditan na xustiza do estado español que, nunha sentenza sen precedentes, deixou impune a meirande catástrofe ecolóxica acontecida en Europa en épocas recentes, e por iso van chegar até as últimas instancias. Mais paralelamente ao traballo xudicial está a mobilización social. Nunca Máis convoca á cidadanía a saír de novo á rúa este vindeiro 1 de decembro a celebrar, nun ton reivindicativo mais tamén festivo, unha bulra da farsa que supuxo este xuízo e do eloxio á impunidade que constituíu a sentenza.

Sociedade