Nuria Espert dá vida á Lucrecia de Shakespeare

Nuria Espert dá vida á Lucrecia de Shakespeare

27 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Teatro Jofre albergará mañá xoves, a representación da peza teatral “La violación de Lucrecia”, dirixida por Miguel del Arco e interpretada pola grande actriz e directora de escena Nuria Espert, galardoada con máis de 170 premios en España e o mundo enteiro (entre eles, o Premio Valle Inclán, a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes, o Nacional de Interpretación, o Premio La

A representación de “La violación de Lucrecia” enmárcase dentro do itinerario cultural “...Con nome de Muller”, posto en marcha pola Concellería de Cultura de Ferrol. Nuria Espert embárcase neste ambicioso proxecto teatral, un poema dramático en forma de monólogo baseado no desgarrador poema de William Shakespeare que contén todo o xerme e a grandiosidade das súas obras posteriores. É un dos primeiros poemas líricos de Shakespeare escrito no ano 1594 e adicado a Henry Wriothesley, conde de Southampton, cidade situada ao sur de Inglaterra. Baséase na lenda da orixe de Roma, as loitas polo poder e o papel da muller na época e conta como Lucrecia despois de ser violada por Tarquino, amigo do seu marido Colatino, pide vinganza a este último e ao seu pai e ela opta por suicidarse. 

A extraordinaria e emocionante narración do feito criminal que terminou cos reis en Roma e que propiciaron, xa que logo a instauración da República, convértese nun mosaico de sentimentos, paixóns, arrebatos e delitos, nun espectáculo de grande beleza a pesar da súa arrepiante violencia.

Cultura