Nuria Roibás (Centro Quérote) : “A necesidade dunha educación sexual-afectiva xa é visible”

Nuria Roibás (Centro Quérote) : “A necesidade dunha educación sexual-afectiva xa é visible”

20 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Se en algo temos avanzado no tema do sexo é na percepción global da necesidade de educar en materia sexual. Segundo os responsables de impartir esta educación enfocarase de distinto xeito pero queda  claro que os mozos e as mozas no seu proceso educativo deben ser educados/as en materia de sexualidade. 

A escola, os medios de comunicación, internet, o ámbito sanitario, a familia son os axentes educativos para formar sexualmente á xuventude. Segundo a Psicóloga do "Centro Quérote" de Ferrol, Nuria Roibás, queda visible a necesidade de educar á mocidade en materia sexual-afectiva. 

O coito vaxinal continúa a ser o eixe no que se basean os contidos da educación sexual para mozos e mozas. Pero hai outros conceptos nos que afondar como a sexuación, a sexualidade e a erótica.

A idea de educación en sexualidades radica en que os mozos e mozas se coñezan, se acepten e expresen a súa erótica.

O noso estado de seres sexuados comeza dende que somos exendrados/as ata o momento da nosa morte, polo cal a educación sexual, debe de ser algo  que estea sempre presente. Estamos nun contínuo proceso de apredizaxe e de búsqueda, engadiu Roibás.         

Sociedade