O ánimo do equipo está enteiro

O ánimo do equipo está enteiro
31 de Marzo, 2020 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Residencia de maiores Resanes de Perlío- Fene vive esta situación especial con moito ánimo entre os seus traballadores e con moita responsabilidade. Os familiares dos residentes manteñen contacto telefónico diario.

ESCOITA O PODCAST:

Están todos ben. A residencia de maiores de Perlío- Fene Resanes acolle a 45 residentes dos que a inmensa maioría, o 95%, ten un importante deterioro cognitivo. Esa circunstancia fai que para eles e elas a vida siga casi sen trastorno algún. Non así para os seus traballadores e traballadoras que realizan o seu labor baixo unhas condicións especiais, física e psíquicamente. Fé Fernández, unha das xerentes da residencia, explícanos que desde que empezou a crise, tiveron que trasladar ao hospital a tres dos seus maiores porque teñen as súas patoloxías, independientemente do que ocorre. Aos tres se lles fixo o test do Covid 19 que resultou negativo. Así a boa nova é que están todos ben, traballadores e residentes. Dado o deterioro cognitivo destes últimos, son alleos ao que pasa. Só ese porcentaxe de residentes que sí son conscientes do que ocorre, están informados, estanno ata un determinado punto pero saben que os seus familiares non poden visitalos.

Resanes é unha residencia pequeña e moi próxima, así que as visitas soen ser moi frecuentes. Segundo Fé Fernández, o contacto telefónico estes días é constante e mesmo teñen feito videoconferencias. Falando de chamadas, a xerente de Resanes dí que manteñen contacto telefónico diario coa Consellería de Benestar e co Centro de Saúde de Fene, ao que lles une unha estreita relación habitual, non so agora. Tamén cita a preocupación amosada polo concello de Fene.

A residencia de Perlío, ubicada no mesmo inmoble que no seu día acolleu o Hotel Nomar, tomou todas as precaucións que require esta situación de alarma sanitaria. Realizaron aillamentos preventivos entre o personal que traballa con moita máis precaución (algúns teletraballan). Cos residentes actuouse mantendo un distanciamento de seguridade entre eles, nas zonas comúns. Por suposto o personal utiliza máscaras e luvas doados por entidades locais pero, aí está a queixa de Fé, son insuficientes, necesitan EPIS.

Fé Fernández quixo agradecer aos traballadores do centro o seu ánimo e responsabilidade, ás familias a súa colaboración, ao centro de saúde de Fene o seu contacto tan especial e á señora Rosa, as mascarillas que confecciona para o centro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora