O Çariño electrocuta ao Ortigueira

O Çariño electrocuta ao Ortigueira

02 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Ortigueira caeu en Morouzos. Nun partido de máxima rivalidade o equipo de Washinton Ferrer perdeu 1 a 2 fronte ao Cariño, polo que o Eume deportivo conta agora con todos os triunfos na man para facerse coa Liga.Os de Pontedeume visitan mañá domingo ao San Sadurniño e non o teñen nada doado.

Un ambientazo rexistrou o campo da praia para asistir ao Ortigueira Cariño. Os visitantes marcaron un gol rápido e incluso o 0 a 2 tamén chegou nos primeiros compases. Con ese resultado a favor o Cariño defendeu con orde e con moitos efectivos. O Ortigueira xogou atenazado polos nervios e non lograron acertar diante da porteria contraria máis que para maquear o resultado final.

Deportes