O “Teresa Herrera” da gaita

O “Teresa Herrera” da gaita

23 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Empezou aprendendo a tocar o acordeón aos 8 anos, pero descubriu a gaita aos 12 e tamén se apaixoou por este instrumento. Serafín Santamariña ten 16 anos e é un dos 5 finalistas no Concurso de Gaita Constantino Bellón que convoca o Ateneo Ferrolán, o "Teresa Herrera" da gaita

É o único finalista da comarca. A próxima fín de semana, o sabado 31 de agosto, resólvese a incógnita. Non pensa poñerse nervioso e lembrar as recomendacións do seu mestre, Daniel Bellón, quen por certo o animou a presentarse ao concurso.

Cinco son os finalistas do prestixioso premio despois de que o xurado escollese as suas interpretacións dunha peza estipulada por eles. O sabado 31 de agosto é a final. Cada concursante ten que tocar unha peza composta por el mesmo e interpretar outra.  

Serafín Santamariña ten 16 anos e estudará o curso que ven primeiro de bachelerato, quinto de acordeón e gaita no Conservatorio de Ferrol. E faino sabendo xa o que quere ser no futuro, mestre de musica.A pesar da sua xuventude Serafín Santamariña forma parte da rondalla Lucero del Alba de Neda; da Banda de Gaitas Airiños de Fene ou do grupo de acordeóns Lembranzas.

Sociedade