O “Víctor Valdés” do Racing de Ferrol chámase Marcos Souto

O “Víctor Valdés” do Racing de Ferrol chámase Marcos Souto

29 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O porteiro do equipo xuvenil do Racing de Ferrol que milita na División de Honra provén das Pontes onde tamén xogou nos xuvenís. Este verán Antonio José López, máis coñecido por Stili chamouno e ofertoulle ser porteiro do equipo xuvenil do Racing. Non o pensou dúas veces e dende aquela adestra na Malata coa intención de consolidar ao seu equipo na División de Honra de Xuvenís. Mírase no espello de Víctor

Marcos Souto Perez é de Cedeira e formouse nas categorías de base do Beco. Dos equipos do municipal do Beco coñeciao o míster dos xuvenís Stili. Marcos sempre destacou nos cadetes do Cedeira e o conxunto das Pontes levouno para o Poboado onde militou tanto na División de Honra como na Liga Nacional. Gústalle máis Víctor Valdés que Iker Casillas. “Valdés é máis completo” afirma Marcos e máis agresivo, engade. Con 18 anos non abandonou os estudos e este ano comezou en Serantes enxeñeria técnica naval. Soña con ser porteiro do primeiro equipo do Racing e mentres tanto traballa día a día para consolidar ao equipo na División de Honra de Xuvenís. Unha categoría liderada polo Deportivo de A Coruña e o Montañeiros tamén da Coruña pero onde o Racing ocupa a sexta posición e con oito puntos menos co líder. Algún día verémolo recoller o trofeo Zamora do diario Marca en Madrid como vimos estes días ao porteiro de Hospitalet Valdés.

Deportes