ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O próximo día 15 de xuño, Renfe poñerá en circulación uns trens turísticos denominados "Trens dos Faros", patrocinados pola Xunta de Galicia para promover o turismo. Paralelamente se está a efectuar un recorte de servizos de trens de viaxeiros por non querer aportar subvencións dende a Xunta de Galicia, algo que sorprende a CCOO que o denunciaba esta mañá.
Estes trens circularán en fins de se
Os trens que se suprimen os sábados e domingos son os seguintes:
Tren: Ribadeo (6,50h) – Ferrol (9,50h)
Este tren, concretamente nos meses de verán e en fin de semana a súa ocupación é moi elevada, dado que é utilizado polos mozos e mozas que regresan dende Ribadeo e Foz cara ao resto de poboacións da Mariña e Ortegal, que na sua maioría o fan para no usar o vehículo privado e así evitar accidentes de tráfico.
O Tren: Ferrol (10,30h) - Ribadeo (13,25h)
Tren utilizado por viaxeiros, que en esta época do ano son principalmente turistas, que se desprazan tamén ás mesmas poboacións. Todos estes cambios están motivados principalmente pola escaseza de persoal, xa que a malla actual de trens pode absorber perfectamente a circulación dos trens especiais sen ter
que suprimir os tren regulares.
CC.OO. valora positivamente que se fagan trens turísticos, pero isto non debe supoñer a supresión de trens regulares de viaxeiros, por iso van emprender actuacións cos demais sindicatos e facer as xestións cos concellos afectados para que non se materialice esta supresión.