O 53% dos traballadores do Sergas de Ferrolterra está de folga

O 53% dos traballadores do Sergas de Ferrolterra está de folga

16 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 53 % dos traballadores do Sevizo Galego de Saúde da comarca de Ferrolterra secundaron a xornada de folga de 24 horas que foi convocada para o día de hoxe polos sindicatos CIG-Saúde, SAE e CIAS en defensa da calidade asistencial da sanidade pública. A folga, que comenzou ás cero horas  do día de hoxe implica na comarca de Ferrol a máis de mil traballadores dos cales perto de 800 non acudiron hoxe aos seus postos de traballo. Os folguistas celebraron

Segundo os datos manexados polos sindicatos, a participación dos traballadores supera o 50% mentres que dende a Consellería de Sanidade as cifras que se apuntan do persoal que está a secundar a folga son somentes dun 5%. Esta diferencia sustancial de cifras ven dada, segundo afirmou a voceira de CIG-Saúde, Mercedes Díaz, polo feito de que as administracións sanitarias están a contabilizar no cómputo de traballadores que non fan folga a aqueles que se atopan en situacións de baixa por enfermidade ou de vacacións, o que incrementa o número de persoas que a Xunta contabiliza en situación activa. Do mesmo xeito, os desmesurados servizos mínimos programados polo Sevizo Galego de Saúde están a impedir o dereito de folga dos traballadores. Así, nalguns departamentos do hospital Arquitecto Marcide, como o laboratorio ou anatomía o 90% dos traballadores fixeron hoxe unha xornada laboral normal, establecida como servizo mínimo. Outros como a centralita de teléfonos ou a lavanderia non funcionaron hoxe porque o persoal destinado nesta áreas secundou  o paro. O mesmo sucede cos centros de saúde da comarca, que son onde maior participación está a ter a folga.

De tódolos xeitos, as centrais sindicais convocantes do paro, manifestarón a súa insatisfacción polos resultados da xornada de paro , xa que as súas expectativas agardaban unha maior participación dos traballadores. Segundo denunciou Mercedes Díaz, a situación que se prevé para a sanidade pública veráse seriamente danada de seguir adiante cos proxectos e orzamentos previstos polo goberno galego, polo que dende o sindicato da CIG seguirán a defender que se manteña un sistema  sanitario público e de calidade.

Sociedade