O 70% dos escolares recibiron axudas para libros de texto

O 70% dos escolares recibiron axudas para libros de texto

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cerca do setenta por cento dos nenos da comarca de Ferrolterra beneficiáronse das axudas do programa de gratuidade solidaria para a merca de libros de texto, posto en marcha pola Consellería de Educación. Os resultados desta iniciativo foron feitos públicos polas parlamentarias do partido popular, Natalia Barros e Ángeles Díaz. As voceiras populares gabaron os excelentes resultados deste programa en contraposición ao anterior modelo de préstamo de l

A parlamentaria Natalia Barros, manifestou na presentación do balance de resultados que por primeira vez os estudantes galegos contan cun sistema de gratuidade real e justamente distribuído, justificando as súas afirmacións nos resultados do anterior programa nos que só o 30 % dos nenos tiñan os libros de texto en propiedade, mentras que o resto estaban en réxime de préstamo. Dende o partido popular defenden a necesidade de que os estudantes podan dispor dos libros en propiedade como ferramenta de traballo posto que, segúndo afirman, os estudos demostran que os resultados académicos que se obteñen son mellores.

Neste senso as axudas de gratuidade de libros alcanzaron este ano a sete de cada 10 nenos galegos, dunha poboación escolar de máis de 55.000 alumnos en toda Galiza. Destas un 60% foron subvencións de 180 euros, un 37% de 104 e o 2% restante foron as destinadas ao colectivo de educación especial.

Segundo os datos aportados pola parlamentaria Ángeles Díaz, na comarca de Ferrolterra as axudas beneficiaron ao 69´7% dos alumnos, superando incluso en tres concellos o 80% das concesións. Concretamente no Concello de Cerdido recibiron axudas o 95´7% dos escolares, en Cabañas o 80´7% e en Cariño o 82´1%.

No Concello de Ferrol, cun censo de 1.442 peticións, 560 recibiron a axuda máis alta, 525 a de 104 euros e 57 as de educación especial. Tanto no concello de Ferrol como no de Narón o número de familias que recibiron a cuantía máis alta de axuda é o dobre respecto ás que recibiron 104 euros.

Sociedade