O 80% dos traballadores secundaron a folga en Galicia, segundo os sindicatos

O 80% dos traballadores secundaron a folga en Galicia, segundo os sindicatos

29 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“A folga é un éxito. O Goberno debe rectificar”. Esta é a conclusión común das centrais sindicais ante o seguimento do paro xeral convocado para este 29 de setembro contra a reforma laboral do executivo central. Desde a CIG aseguran que practicamente o 100% dos polígonos industriais das principais cidades galegas permaneceron sen actividade. Por exemplo, en Vigo, Citroën tivo que parar a liña de produción

Pola súa banda, UGT e CCOO calculan que un 80% dos empregados se sumaron ao paro. Falan dun 100% en sectores como a recollida de lixo ou o sector naval e dun 90% na automoción ou nos transportes. Na outra cara da moeda sitúanse os servizos públicos. Segundo os datos dos sindicatos, a metade dos funcionarios secundaron a folga, pero a Xunta asegura que só o 14% dos seus empregados o fixeron.

Desde as tres centrais aseguran que se superaron as previsión iniciais e que a participación superou a acadada na mobilización do ano 2002.

Sociedade