O 8M dos coidados

O 8M dos coidados
07 de Marzo, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Despois de Verín o 1º de marzo, Galegas 8M chama ás mulleres a mobilizarse en todas as cidades e numerosas vilas galegas, o domingo 8 de marzo.

ESCOITA O PODCAST:

Xulia Pereiro falounos da movilización ferrolá. Nicolasa Castro do lema central do 2020, os coidados

http://173.255.131.18/audio/070320CASTRO.mp3

Galegas 8M convocanos á manifestación que o domingo Dia Internacional da Muller percorrerá as rúas de Ferrol e a de todas as cidades e vilas galegas. Ás 12 sairá da Praza do Inferniño en dirección á Praza de Amboaxe onde se leerá o Manifesto do dia e asistiremos á unha batukada feminista. Chámase a unha xornada de movilización e loita para visibilizar os coidados como elemento central da reivindicación deste ano 2020. "Os coidados que as mulleres prestan gratuitamente e a pouca consideración profesional dos mesmos", en palabras de Nicolasa Castro.

(Na imaxe, manifestación na Praza do Obradoiro. 8 de marzo de 2019)

Sociedade

Publica o teu comentario agora