O acto máis participativo de Ferrol

O acto máis participativo de Ferrol

22 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O acto para difundir e presentar o Regulamento de Participación Cidadá desenvolverase mañá sábado, no Teatro Jofre, a partires das oito e media do serán.  Un documento cuxo obxecto é regular as formas, medios e procedementos de participación das veciñas e veciños de Ferrol na xestión e control das políticas públicas municipais. O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, anima aos ferrol

Desde o pasado mércores o Concello e entidades sociais están a realizar diferentes actividades a pé de rúa para dar a coñecer Regulamento de Participación Cidadá. O obxetivo é claro: achegar e dar a coñecer o documento á cidadanía para que o tome como propio e participe no goberno da cidade.

O acto arrincará ás oito e media do serán no Teatro Jofre. Os asistentes recibirán a publicación do Regulamento de Participación Cidadá cun glosario de termos sobre democracia. O xornalista Raúl Salgado, encargarase de dar conta da cronoloxía do proceso participativo. Posteriormente tomará a palabra Mapi Venancio, veciña participante do grupo de traballo que conformou o GAP -hoxe membro da Comisión Provisional de Control da Participación Cidadá-. A continuación Karlotty e Guillermo Ferrández recitarán poesías baixo a temática da participación cidadá. A monologuista Cristina Moreira tamén se subirá ao escenario para falar de “Ferrol como cidade de conflitos”.

Pechará o acto, o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, acompañado polos membros da Comisión Provisional de Control da Participación Cidadá. A actuación de 72 músicos e músicas da Banda Ferrolá de Música e da Banda do Tercio Norte porán o punto e final a este acto cidadá.  

Os interesados en acudir á presentación oficial deben retirar na taquilla do Jofre as invitacións de once da mañá a unha do mediodía e polas tardes de seis a oito. 

Sociedade