O actor Xavier Gutierrez e o grupo Revólver disparan as festas de Ferrol 2009

O actor Xavier Gutierrez e o grupo Revólver disparan as festas de Ferrol 2009

20 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todo listo. A pleno sol montouse o enorme palco que ocupa a escalinata da casa do concello ferrolán para acoller os concertos programados. Os operarios entregáronse a fondo para ter todo listo mañán, dia do arranque dos festexos estivais. O actor ferrolán Javier Gutiérrez, Premio Max das Artes Escénicas, será o encargado de abrir as festas de Ferrol 2009, ás 9 da noite do venres dende o balcón municipal. O grupo Rev&

As suxestións foron chegando ao concello meses atrás, a través de correo electrónico, de xeito presencial e por medio do correo convencional. Un proceso participativo que converte estas Festas de Verán 2009 nunha celebración para todos os públicos. A Praza de Armas e o Parque Raíña Sofía son os escenarios elexidos para os concertos.  

O pregoeiro 

Javier Gutiérrez, vinculado dende moi novo á compañía de teatro Animalario, ten participado nos últimos anos en grandes éxitos do cine español como “El otro lado de la cama”, de Emilio Martínez Lázaro; “Días de fútbol”, de David Serrano ou máis recentemente “Gentes de mala calidad”, de Juan Cabestany e “Al final del camino”, de Roberto Santiago. Á marxe dos seus éxitos cinematográficos, Gutiérrez é un dos actores máis destacados do panorama teatral actual. Á súa estrea enriba dun escenario coa obra “Marat Sade” de Félix Belencoso, lle seguirían “La Tinaja”, “La Fierecilla domada” ou “Otelo”. Unha extensa traxectoria profesional que se vía recompensada este ano coa concesión do Premio Max das Artes Escénicas. Pero a súa carreira non se limita ao cine e o teatro, xa que destacadas son tamén as súas aparicións en telefilmes, series de televisión e mesmo anuncios de publicidade. Dúas series sobresaen no seu currículum: “Los Serrano” e, actualmente, “Aguila Roja”, coa que está a colleitar un gran éxito.

O cartel

O primeiro concerto do programa será o do grupo Revólver. A banda que lidera Carlos Goñi dende hai preto de 20 anos ofrecerá na praza de Armas a mellor cara do rock español. Será, a partir das dez da noite e con entrada gratuíta, como o resto de concertos programados, agás o de Melendi, o luns dia 24, no Parque Raíña Sofía, que custará 15 euros. O cartel se completa o sabado 22 con Violadores do Verso, un grupo de hip-hop. Esa mesma xornada pero noutro escenario, o Parque Raíña Sofía, ás doce da noite, terá lugar unha sesión de música electrónica “Electric music ferrolterra”. O día 23 está reservado para o swing jazz impecable de Aló Djangó. A cidade acollerá o martes espectáculo de Fuxan os Ventos, incluído na programación do Xacobeo.  A orquesta Olympus, unha das peticións máis reiteradas entre a cidadanía, ofrecerá o seu mellor repertorio o día 26. A banda de pop Nena Daconte se subirá ao escenario da praza de Armas o 27, mentras que o grupo galego Som do Galpom, que se sitou nos primeiros dez postos do ránking cidadán, fará o propio o día 28.  O rock indie de Vetusta Morla soará na cidade o día 29, para dar paso á actuación dos grupos locais, que se presentaron ao concurso de maquetas aberto polo Concello baixo a denominación de Sons de Ferrol. Habitación 92, Presa Fácil e ID3M e Néboa actuan o dia  30. Un festival de rondallas e os fogos de San Ramón porán o punto e final ás Festas de Verán.

Sociedade