O adeus de Castrillón

Castrillón renuncia a alcaldía e manterase como concelleiro ata o fin do mandato
25 de Febreiro, 2019 - 02:05 h. | Publicada por Radio Fene

Germán Castrillón avanzou a súa intención de continuar un tempo como concelleiro, sen retribución, para facilitar así a transición necesaria, momento tras o cal deixará o Concello. Germán Castrillón presenta a súa renuncia á Alcaldía de Cabanas. O rexidor durante os últimos 12 anos móstrase no seu escrito agradecido aos veciños e veciñas e honrado por ter sido merecedor da súa confianza.

Germán Castrillón Permuy presentou estamañá por rexistro a súa renuncia como alcalde de Cabanas tras doce anos no cargo. A medida será efectiva a partir deste mércores 27 de febreiro, tralo seu paso polo pleno municipal de fin de mes. Agradecido aos veciños e veciñas de Cabanas e honrado por ter sido merecedor da súa confianza e agarimo durante estes últimos doce anos, Germán Castrillón facía efectiva a súa renuncia por responsabilidade e en base ao compromiso adquirido coa veciñanza, xa que considera que a súa designación como candidato á Alcaldía de Narón non lle permitirá adicar as 24 horas do día, como ata o dagora, a continuar coa súa labor en Cabanas.

No seu escrito de renuncia, Germán Castrillón agradece en primeiro lugar á veciñanza a súa confianza, amizade e cariño nestes últimos doce anos. Tamén a todos e cada un dos traballadores municipais a súa entrega e colaboración; o apoio aos concelleiros e concelleiras que o acompañaron ao longo destas tres lexislaturas, formando un auténtico equipo; tamén á Agrupación de Electores de Cabanas o apoio. Antepoñendo o interese dos veciños e veciñas, asegurou que foron quen de traballar como un equipo cohesionado e estable, e aos grupos da oposición porque, pese ás dificultades, a maioría demostrou primar o interese común fronte ao partidario.

Germán Castrillón avanzou a súa intención de continuar un tempo como concelleiro, sen retribución, para facilitar así a transición necesaria, momento tras o cal deixará o Concello.

Institucional

Publica o teu comentario agora