O Adriano sigue aquí

O cine Adriano de Barallobre reactívase co cambio de ano. A posta en marcha dun cineclube é unha das ideas a por en marcha
29 de Xaneiro, 2019 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación Patio de butacas reactiva as súas iniciativas no cine Adriano. Faino coa presentación do libro “Espido” de Constantino Cuesta e o concerto As flores solitarias con Roger de Flor e Elga Méndez, a semana que ven , os dias 8 e 9 de febreiro, respectivamente.

ESCOITA O PODCAST:

A asociación Patio de butacas reactiva as súas iniciativas no cine Adriano. Faino coa presentación do libro “Espido” de Constantino Cuesta e o concerto As flores solitarias con Roger de Flor e Elga Méndez, a semana que ven , os dias 8 e 9 de febreiro, respectivamente. Reanúdase así a intensidade nas iniciativas para a supervivencia do cine de Barallobre. Hoxe tivemos con nos á presidenta da asociación Patio de Butacas, Marta Barros, e ao vicepresidente, Mario Nodar, para falarmos da nova etapa.

No primeiro acto, o venres 8 de febreiro, o autor de Espido estará acompañado da poeta Josefina Rodríguez e unha actuación musical. O sabado 9, subiranse ao escenario do Adriano, Roger de Flor e Elga Méndez para cantar cancións de Bob Dylan que teñen á muller como protagonista. As flores solitarias. Nos dous casos está previsto o empezo ás oito da tarde.

Entre outras actividades programadas, está unha iniciativa de Bookcrossin. Colocarase unha vitrina cos libros na fachada do cine e poderanse coller para lelos e seguirlles o camiño. Pero son moitas máis a ideas da asociación a medio e longo prazo. Entre elas a creación dun cineclube. A presidenta, Marta Barros, prometeunos unha nova edición de Contos na lareira con salitre” e a segunda entrega de “Migrasons”. Entre as novas ideas debúxanse unhas xornadas de Arquitectura con expertos en edificios abandoados, xunto a outras asociacións, ou unha homenaxe a quenes foron no seu dia traballadores do cinema Adriano. Moitos proxectos e tamén constatan a mellora nas relacións coa institución local. Que os teñan en conta e protexer o inmoble é onde pon os focos, Patio de butacas.

Cultura

Publica o teu comentario agora