O alboio do Centro de Saúde de Fene

O alboio do Centro de Saúde de Fene

26 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de Saúde da avenida do Tarrío en Fene conta xa cun alboio na entrada. O Concello de Fene comezou dias atrás as obras na entrada da instalación sanitaria. A construción permite abrigarse das inclemencias do tempo, mentras non abre o Centro ás oito da mañá e tamén facilita en dias de choiva a entrada e saida do Centro de Saúde.

O Centro de Saúde de Fene, ubicado na avenida do Tarrío, abreuse en xullo de 1994 en sustitución do antigo ambulatorio que funcionaba nos baixos das vivendas de San Valentín.

Sociedade