O alcalde de Porto presenta en Vigo o circuito de Boavista 2009

O alcalde de Porto presenta en Vigo o circuito de Boavista 2009

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os dous primeiros fins de semana de xullo (3 ao 5 e 10 ao 12) celébrase en Porto a máis carismática proba automovilística da cidade portuaria. A competición de clásicos alternará co moderno Mundial de Turismos na 3ª edición do circuito de Boavista moderno.

Trátase dunha experiencia de recuperación do vello circuito que chegou a recibir as emocións da Formula 1 hai 45 anos. O alcalde de Porto Rui Rio e membros da comisión organizadora explican este xoves en Vigo os obxectivos e contidos do evento que acollerá a numerosos amantes do deporte automovilístico.

Deportes