O alegato pacifista de Bóveda

O alegato pacifista de Bóveda

16 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza" é un relato situado no momento actual, arredor da vida e do pensamento de Alexandre Bóveda. Carlos Sardiña realizou os debuxos. Pitusa Arias, historiadora e xornalista, salientou a vixencia das teorías de Bóveda que defendía unha banca pública axente de dinamización da actividade económica. Tamén insistia na necesidade dunha fiscalidade progresiva, para utilizar os imposto

A banda deseñada demanda a colaboración e a implicación como público conscente da cidadanía. Búscanse micromecenas para esta recuperación da figura e da teoría de quen foi dirixente do Partido Galeguista. “A idea xurdiu o pasado 17 de agosto no acto en lembranza de Bóveda celebrado na Caeira en Poio, coa intención de facer unha chiscadela a un público novo e divulgar o seu pensamento” afirma Pitusa Arias. Botan unha ollada atrás, para dar conta da importancia de Bóveda como fundador da Caixa de Aforros de Pontevedra, como entidade bancaria implicada co seu entorno social.

Francisco Carballo e Xerardo Álvarez Gallego elaboraron biografías de Alexandre Bóveda e eses traballos utilizaronse como fonte para sintetizar e traer a súa traxectoria vital ao linguaxe da banda deseñada. Carlos Sardiña e Pitusa Arias xa colaboraron na elaboración da biografía de Andrés Barallobre chamada “Galiza acorda”. Agora pretenden levar adiante unha publicación en formato europeo, unha banda deseñada a toda cór. Sonradiofusión colabora na promoción e na edición de “Bóveda” e para iso requiren a colaboración cidadán a través do portal de verkami. Pódese axudar con diferentes alternativas situadas entre os 7 e os 450 euros.

 

Sociedade