O alumnado da Jorge Juan de Fene pasou as probas do Informe PISA

O alumnado da Jorge Juan de Fene pasou as probas do Informe PISA

11 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os alumnos e alumnas do colexio Jorge Juan de Perlío saíron airosos das probas que realizaron para o Informe PISA ao tempo que outros centros de Galicia. As probas, que os de Fene realizaron o venres pasado, non lles resultaron difíciles pero sí agotadoras.

Os alumnos do colexio Jorge Juan de Perlio xa pasaron as probas para o informe PISA o pasado venres. Nerviosos afrontaron a xornada maratoniana pero en xeral valoran moi positivamente a experiencia que non resultou demasiado difícil.

Raquel Rodriguez foi unha das alumnas do centro de Perlio que participaron. Explicaba esta mañán en Radiofusión o cansancio que supuxo para eles a experiencia. Juan Naveiras manifestou que non atoparon demasiadas dificultades, pero que foi un día moi intenso. Segundo as suas declaracións, acolleron con ilusión a experiencia pero chegado o momento estaban agobiados.

Foron un total de 35 os alumnos e alumnas da Jorge Juan os participantes nas probas. Agora  deben agardar ata o ano que ven para coñecer os resultados do informe. Con espectación agárdannos pero tranquilos por saber que os seus resultados quedarán diluidos no informe global.    

Sociedade