O alumnado dos colexios de Burela celebrou o dia da árbore

O alumnado dos colexios de Burela celebrou o dia da árbore

21 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Delegación de Medio Ambiente celebrou hoxe o dia da árbore. Segundo explican desde este departamento do Concello “éste e o segundo ano consecutivo que se organiza un xogo de pistas denominado ¿Qúe árbore é?. As monitoras do Centro de educación Medioambiental Gaia presentaron o xogo nos dous centros de ensino de Burela, clase por clase, explicando aos alumnos as bases para concursar. Neste xogo de pistas participaron os alumnos de 2º ata 6&

As monitoras colocaron uns taboleiros á entrada de cada centro onde cada día durante 6 xornadas colocaron unha pista con algunha característica da árbore para que os rapaces e rapazas adivinasen
de que árbore se trataba. Cada clase emitiu un só voto, que se meteu nunha urna. (no Ceip Virxe do Carme era unha camelia e no Ceip Vista Alegre era un abeto).

No Ceip Virxe do Carme empataron dúas clases e no Ceip Vista Alegre gañou 6º. Esta mañá acompañados da edil de Medio Ambiente, Lucia Bouza, do alcalde, Alfredo Llano, e das monitoras do Centro de Educacion Medioambiental Gaia prantaron unha árbore, un loureiro no Ceip Virxe do Carme e un almendro no Ceip Vist Alegre. Os actos tiveron lugar nos seus propios centros hoxe as 11:30 e 12:00 horas respectivamente. As monitoras de Gaia, a través desta actividade, sensibilizan aos alumnos “da importancia e conservación dos nosos bosques, non só unha vez o ano, senón todos e cada un dos días deberíamos respectala natureza que nos rodea”.

Mañá, 22 de marzo, as monitoras celebrarán o Dia Mundial da Auga. Os alumnos de 5º e 6º dos dous centros de ensino de Burela verán un video para conciencialos sobre a necesidade de aforrar auga. Gaia repartirá entre o alumnado perlizadores e reductores de caudal para as cisternas do baño e
explicarálles medidas de aforro de agua.

Sociedade