O amor doe

A película de Almodóvar pode verse en Ferrol
28 de Outubro, 2020 - 01:03 h. | Publicada por Radio Fene

O Duplex Cinema de Ferrol mantén na carteleira "La voz humana" de Pédro Almodóvar. Hoxe proxéctase ás 16.00h e ás 16.55h. A duración do filme é de 30 minutos e o prezo da entrada, de dous euros.

Unha muller ve pasar as horas xunto ás maletas do seu ex amante (que virá recollelas, pero nunca chega) e un can inquedo que non entende que o seu amo o abandonase. Durante os tres días de espera, a muller só baixa unha vez á rúa, para mercarr unha machada e unha lata de gasolina. A voz humana é unha lección moral sobre o desexo. O risco é parte esencial na aventura de amar. Ese é o núcleo da última película de Pedro Almodóvar na que conta coa excepcional interpretación de Tida Swinton.

La voz humana (título orixinal en francés La Voix humaine) é unha ópera nun acto para un único personaxe, estreada en 1958, con música de Poulenc e libreto de Jean Cocteau, baseado na súa obra teatral homónima de 1930. Xa en “La ley del deseo” Almodóvar abordou por primeira vez o texto de Jean Cocteau que agora adapta de xeito libre en La voz humana, a súa primeira curtametraxe e primeira obra rodada en inglés. Tamén se inspirou Almodóvar neste relato á hora de construir “Mujeres al borde de un ataque de nervios".

O director manchego non esconde as raíces teatrais da peza que el converte para a séptima arte. A práctica totalidade de La voz humana transcorre nunha única localización, que podería ser o escenario dunha sala de teatro, pero Almodóvar fuxe do estatismo, explorando a propia nave na que suceden os feitos. O personaxe interpretado por Tilda Swinton non é o único que vemos na pantalla pero todos os demais son accesorios, como o amante detrás do teléfono. A excepción é a colorista nave industrial na que vive a protagonista co can do seu ex. La voz humana é un melodrama onde a dor da protagonista váina desgarrando paseniñamente, e que Tilda sabe dosificar admirablemente.

 

(na imaxe Tilda Swinton nun fotograma do filme)

Cultura

Publica o teu comentario agora