O amor por Galicia na pintura de Antonio Jaspe Moscoso

O amor por Galicia na pintura de Antonio Jaspe Moscoso

23 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous cadros do século dezaseis de Guido Reni e Juan de Juanes do Museo do Prado serviron de modelo ao pintor de Barallobre Antonio Jaspe Moscoso (1855- 1887) no seu proceso de aprendizaxe. As obras incluense na exposición sobre “O Pazo de Barallobre” inaugurada onte á tarde na Liga de Amigos de Barallobre en Fene. A mostra permanecerá aberta ata o trece de novembro os dias laborabeis de cinco a sete da tarde. Sábados e domingos tamén abrirá entre

A exposición inclue obxectos procedentes da señorial edificación de Barallobre como un chineiro de caoba, vaixela, estantes, cómoda, libros o bastón e fotografías antigas. A exposición do Pazo inclue tamén o cadro de Jaspe, “Farruco de Montrove”, primeiro retrato dun gaiteiro galego realizado na historia de Galicia

Chamada do pasado

Moito público acudiu á chamada do pasado en Barallobre. O contrabaixo de Daniel Pérez abríu e pechou o acto de presentación da exposición sobre o pazo e sobre o pintor Jaspe Moscoso. O presidente da Liga de Amigos, Manuel Vidal, agradeceu aos veciños as súas aportacións á mostra na que se poden ver diferentes obxectos que foron do pazo; tamén ao alcalde de Fene que fixo as xestións pertinentes coa Deputación da Coruña para conquerir algúns dos cadros presentes na mostra. Gumersindo Galego reflexionou sobre o momento histórico tan diferente ao actual, no que naceron as casas grandes ou pazo, e fixo alusión en Fene ao dos Montenegro na ribeira de Maniños ou á casa grande en Sillobre. Henrique Sanfíz recreou a historia dos habitantes do pazo de Barallobre, recorrendo as imaxes presentes na mostra. O amor por Galicia e a denuncia das inxustizas sociais son dúas das características da pintura de Antonio Jaspe Moscoso, segundo afirmou.

 

 

 

 

 

Sociedade