O ano de Manuel María

O ano de Manuel María

02 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Real Academia Galega escolleu a Manuel María, para adicarlle o Dia das Letras Galegas do 2016. Os versos do poeta, na defensa do país, da terra, da súa fala, son tan actuais hoxe como o eran no pasado recente. Velaí un síntoma de que a súa obra retrataba de maneira fiel a esencia de Galicia e de que as súas palabras falaban por boca de moitos galegos e galegas. 

A poesía para nenos e nenas e os versos líricos dos seus inicios quizais concitan máis unanimidade á hora de salientar o valor da obra de Manuel María. Pero ademais dos numerosos libros, neste 2016 tamén se homenaxeará unha traxectoria vital de compromiso coa sociedade galega. 

Cultura