O APA do Insúa Bermúdez mellora a zona de xogos dos pequenos

O APA do Insúa Bermúdez mellora a zona de xogos dos pequenos

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os pequenos do CEIP Insúa Bermúdez xa teñen unha nova zona onde poder desenrolar a súa imaxinación e pasar un bo rato cos seus amigos. O APA do colexio vilalbés ven de adquirir un tobogán e unha casiña para situalos no patio do centro educativo. A inversión total foi de 350 euros e é unha das primeiras accións programadas desde esta institución para o 2009.

As próximas actuacións centraranse na colaboración co equipo directivo, mediante a entrega dun cheque, cuio valor aínda está por determinar, para mercar a pintura necesaria para pintar os muros de formigón que quedaron tralas recentes obras do centro. A intención do Insúa Bermúdez é humanizar e dotar de colorido esta parte do edificio vilalbés. Por outra parte, desde o APA anunciouse o destino final da excursión de fin de curso, cuios detalles estanse a ultimar nestes días. A cidade asturiana de Gijón será o lugar elixido para que nenos e pais desfruten dunha xornada de convivencia.

Estas accións veñen a completar o traballo feito desde o comezo do curso, xa que no primeiro trimestre fixeron o tradicional concurso de postais de Nadal, así como a visita dun rei mago cargado de agasallos durante as festas.

Sociedade