O Arcade Inforhouse de Santiago destaca no Campionato Galego Escolar de Duatlón celebrado en Vilalba

O Arcade Inforhouse de Santiago destaca no Campionato Galego Escolar de Duatlón celebrado en Vilalba

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Campionato Galego Escolar de Duatlón que se celebrou o pasado 8 de maio en Vilalba e no que tomaron a saída uns 200 participantes das categorías alevín, infantil e cadete non tivo un dominador claro, aínda que cabe destacar o bo papel do Arcade Inforhouse Santiago, que gañou por equipos en Alevín Masculino, Infantil Feminino e foi segundo en infantil e cadetes masculino. O Club Fluvial de Lugo, que gañou por equipos en Alevín Feminino, e foi t

A categoría que abriu a participación foi a dos alevíns, que finalizou co triunfo dos porriñeses Héctor Álvarez e Iria Rodríguez. No podio acompañáronos Marcos Ruíz, dop Triatlón Ferro le o vilalbés e actual campión provincial da categoría, Antonio Souto, así como Aroa Freire, do Fluvial e Alicia Vila do Arcade Inforhouse en feminino.

A continuación foron os infantís os que desputaron os 3 quilómetros a pé e os 6 de bicicleta dos que constaba a proba. O resultado final deixou a Anxo Lema, do Club Olímpico de Vedra; David Liste do Arcade Inforhouse e Daniel Bouzón, tamén do Vedra , no podio masculino vilalbés. Xa en féminas a gañadora foi Xiana Rendo, do Inforhouse Santiago e Uxía Pérez do Porriño e Alba Lema do Vedra, remataron segunda e terceira respectivamente.

En cadetes, o resultado final deixou a Antonio Serrat, do club Mar de Vigo, como primeiro; Manuel Mariño do Roqsport.com-San Roque, segundo e Daniel Area, da A.D. Fogar da Xuventude terceiro, en mulleres destacou o primeiro posto de Camila Alonso, do Triatlón Ferrol, mentres que Eva Basanta, do Fluvial,  foi segunda e Balbina Tarrío do Fogar da Xuventude foi terceira.

O percorrido escollido pola organización foi, para o tramo en bicicleta, varias voltas ao circuíto que vai desde o Alto da Forca ata o Polígono, mentres que a ruta a pé partirá da explanada da Seat, en Sete Pontes, pasando pola vía de Servizo ata chegar á Parrillada A Revolta. As distancias estiveron programadas en función da categoría. Así, os alevíns tiveron 1 km de carreira a pe, 4 km en bicicleta e 0,5 km de carreira a pe para rematar. Os infantís correron 1.5 quilómetros, 6 km en bicicleta e outros 0.750 km a pe; mentres que os cadetes fixeron 2 km de carreira a pe, 8 en bicicleta e 1 km a pe. A saída, os boxes e a meta estiveron situados no Polígono Industrial.

Deportes