O Arqueólogo Xosé Caamaño presentará o seu libro “La vía nova” no Museo Arqueolóxico de Vilalba

O Arqueólogo Xosé Caamaño presentará o seu libro “La vía nova” no Museo Arqueolóxico de Vilalba

01 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo de Arqueoloxía de Vilalba será o espazo elixido para a presentación do libro, “La vía nova (18 itinerario anónimo) en su tramo galaico”, do profesor de Arqueoloxía da Universidade de Santiago (USC), Xosé Manuel Caamaño Gesto. O acto dará comezo ás 20.00 horas.

No evento intervirán, ademais do propio autor, importantes nomes da arqueoloxía galega, como son os casos do Catedrático desta disciplina académica da USC, Fernando Acuña Castroviejo; o seu homólogo da Universidade de A Coruña, Víctor Alonso Troncoso; Raquel Casal, directora do Departamento de Historia I da Universidade compostelá; C. Fernández Rodríguez, decano da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de León e Eduardo Ramil, director do Museo Arqueolóxico de Vilalba.

Cultura