O arquivo municipal de Fene faise “visible” ao cidadán

O arquivo municipal de Fene faise “visible” ao cidadán

18 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A dixitalización do arquivo municipal de Fene responde a unha necesidade de preservar a custodia e estado de conservación dos documentos, ademais de que permitirá gañar espazo nun departamento ao que chega grande cantidade de documentación a cotío. Estas son, segundo a responsable do servizo, Mar Fontela, as principais vantaxes dun proxecto no que se embarcou o Concello de Fene hai aproximadamente ano e medio e que permitirá, ao remate, “poñer a

O proceso de dixitalización de documentos comezou no arquivo municipal de Fene polos libros de actas dos plenos, entre 1902 e 2005, xa que as actas posteriores a esta data, xa se conservan en formato dixital. Segundo Mar Fontela, é un traballo moi laborioso debido a que “moitos dos libros se atopan nun estado de conservación delicado, sobre todo os da primeira metade do século pasado”.

Ao remate desta primeira fase do proxecto, entre finais do mes de marzo e comezos de abril darase paso á dixitalización do fondo histórico local: expedientes relacionados coa sanidade, o ensino, tarefas agrícolas, etc, encadrados entre os ano 1850 e 1950. Ademais, engadiu a arquiveira municipal, cando remate o proceso, realizarase unha criba para determinar o que se pode ou non colgar na rede.

Sociedade