O ataque viquingo a Redes será o 3 de agosto

O ataque viquingo a Redes será o 3 de agosto

02 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os viquingos de Limodre (Fene-A Coruña) preparan o 8º Asalto a Redes, que se producirá o primeiro sabado de agosto, o dia 3. Cada quen como pode se traslada ao peirao de enfrente, en lancha, catamarán, subido nun neumático ou en piragua, segundo José Miragalla do Bar O Emigrante, organizador da curiosa festa.

Ás seis da tarde do sabado 3 de agosto partirán os viquingos da praia de Almieiras para invadir Redes, que non se deixa e recibe aos feneses atacando con auga.  Alí na praza aresana repoñen forzas uns e outros para despois volver a Limodre cunha persoa secuestrada que duas semanas despois tentarán liberar os piratas de Redes, atacando Rio Castro.

Jose Miragalla falounos dos preparativos da churrascada posterior para a que se agardan unhas 1000 persoas. No bar o Emigrante de Limodre hai que inscribirse na festa, se queremos participar da churrascada e verbena nocturna en Almieiras. 20 € dan dereito ao churrasco, o baile con Carlos Rey e a actuación do grupo Onde vas? así como música de Dj. E hai que contar a camiseta conmemorativa do Asalto 2013.

Sociedade