O Ateneo de Ferrol achega Galiza a Cuba

O Ateneo de Ferrol achega Galiza a Cuba

14 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” celebrase do 13 ao 15 de novembro de 2015 no Ateneo Ferrolán. Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas política

Boa parte daquela emigración, interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais.

O Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. A finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
O Congreso vai desenvolverse entre os días 13 e 15 de novembro no Ateneo Ferrolán, e acompañarase de diferentes actividades complementarias.

Sociedade