O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a obra “Vento Ferido”, da compañía teatral Aurín

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a obra “Vento Ferido”, da compañía teatral Aurín

16 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A compañía teatral Aurín representará en Vilalba a súa obra “Vento Ferido”. A data elixida é o vindeiro sábado 24 de abril ás 20.30 horas e o espazo o Auditorio Carmen Estévez. Esta actuación está organizada por FEGATEA Móvete e conta coa colaboración da directora do Centro Dramático Vilabés,  Mª Jose Lamas, así como do departamento de Cultura do Concello de Vilalba. A entrad

Interpretada por Julia Alcalde, Fátima Ares, Martín Ares, Leticia Lorenzo, Andrés Martínez Jalda, Hugo Nogueira, María Parada, Nerea Portela e Hugo Santos; escrita e dirixida por Pedro P. Riobó; “Vento Ferido” entrelaza varias historias nun mesmo espazo escénico dominado pola instalación dun circo francés nunha pequena vila. Trátase de historias comúns, protagonizadas por personaxes comúns que de cando en vez ven como se lles revira a folla da súa vida por mor dun vento ferido. Este drama non está recomendado para menores de 14 anos.

Cultura