O bó tempo animou a Feira Medieval e de Artesanía de San Valentín

O bó tempo animou a Feira Medieval e de Artesanía de San Valentín

13 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A sombra da crise planeou tamén sobre a I Feira Medieval e de Artesanía organizada no paseo marítimo de San Valentín (Fene A Coruña) pola asociación O Tadetas. Algúns vendedores queixábanse das escasas vendas mentres outros amosábanse moderadamente satisfeitos. Os promotores da iniciativa destacaron o elevado número de visitantes que se achegaron aos arredores do polideportivo da Xunqueira tanto na xornada do sábado como do domingo

O soplador de vidro quizais foi o posto que máis curiosidade despertou entre o público. O bó tempo e a ausencia de choivas na fin de semana favoreceu a asistencia dos cidadáns e unha certa comodidade para os 30 artesáns instalados na zona.  Unha librería de volumes facsimil, herbas medicinais, empanadillas de chiculate e produtos de aloe vera amosábanse aos visitantes.

Sociedade