ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará mañá venres, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes; o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fern&aac
A construción deste centro é unha aposta do goberno de Boiro para o estímulo do emprego, pois ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, as iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos da súa andaina, que son os máis difíciles. Basicamente, é unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado laboral; prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese local.
Cómpre lembrar que este centro valeulle ao Concello de Boiro a concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego, ademais de por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.
O centro conta, ademais, cunha escola de cociña, totalmente equipada, para impartir formación a través de programas pensados para a capacitación profesional dos desempregados que pretenden acceder ao mercado laboral, sobre todo en sectores que se consideran máis dinámicos nas comarcas de Barbanza e Noia: hostalería e turismo.
Os espazos básicos cos que contarán as empresas son os seguintes:
- Locais privados ou despachos, equipados con armario de oficina, mesa despacho, caixóns, cadeiras, papeleira e percheiro, así como dotación de infraestruturas de iluminación, electricidade, climatización, teléfono e comunicacións.
- Áreas comúns: recepción, administración, secretaría, aulas, sala de xuntas, fotocopiadora, fax e aparcamento.
- Pequenos almacéns independentes para arquivo