O bandido galego de máis sona do século XX

O bandido galego de máis sona do século XX
18 de Outubro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cúmprense 120 anos do gran golpe de Mamede Casanova, máis coñecido como Toribio. Hixinio Puentes recolleu, hai xa 20 anos, a historia de un dos bandoleiros galegos por antonomasia. En primeira persoa, de forma novelística, “O bandido Casanova” narra a vida do bandoleiro galego máis popular do século XX.

ESCOITA O PODCAST:

A pesar de ter escoitado antes o nome de Toribio, Hixinio Puentes non comezou a investigar esta figura de xeito intencionado. Arquivos, testemuñas pero sobre todo prensa.  La Voz de Galicia na Coruña e La Voz de Ortigueira foron esenciais para retratar a este personaxe.

O escritor describe a Mamede Casanova, como un home alto e forte grazas ás fotografías da época que aínda se conservan. Tamén fala dun carácter para nada tranquilo.

Ademais da obra de Hixinio Puentes, o bandido de Mañón inspirou obras de escritores como Valle Inclán con estas andainas. “El terno del difunto”, retitulada despóis como “Las galas del difunto” recolle esta pasaxe esperpéntica do cemiterio.

En novembro de 1900 asalta, con outras persoas, a Casa Rectoral da Graña. Como comenta Hixinio Puentes, a intención era asustar ao cura mais tamén levaron os cartos que atoparon na casa. O crego escapa pero morre a súa criada. Despois desa noite o famoso bandido será acusado de asasinato.

O escritor non está moi convencido deste relato xa que as probas non son concluentes á hora de imputar a Mamede. El non tiña revolver, a arma que causou a morte.

Mamede Casanova, alias Toribio. O bandoleiro galego de máis sona no século vinte. Naceu en Grañas do Sor en Mañón. As súas peripecias inspiraron obras a Valle Inclán e a Lino Novás Calvo. Tamén Hixinio Puentes publicou no ano dous mil “O bandido Casanova”.

Cultura

Publica o teu comentario agora