O Barallobre presentará un escrito ante o Comité Técnico de Árbitros pola arbitraxe do Ramo

O Barallobre presentará un escrito ante o Comité Técnico de Árbitros pola arbitraxe do Ramo

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A directiva da S.D.Barallobre presentará un escrito explicativo ao Comité Técnico de Arbitros de Ferrol sobre a actuación do colexiado Juan Salgado no partido entre o seu equipo e o Capela. O club considera que a redacción da acta arbitral non reflicte o acontecido no enfrentamento ligueiro.

A expulsión de 3 xogadores do Barallobre e as expresións verquidas polo colexiado no documento da acta son o motivo que explica a presentación do escrito, afirmou o directivo do Barallobre Iván Mourente a Radiofusión. O Barallobre afronta un comezo de liga bastante irregular nos últimos postos da clasificación. O Capela tamén ratificou as valoracións do Barallobre a través do seu entrenador Cani.

Deportes