O Barallobre quere ao Ortigueira

O Barallobre quere ao Ortigueira

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Copa da ría comeza a disputarse este domingo. A S.D. Barallobre recibe no campo do Ramo ao San Sadurniño nunha eliminatoria a partido único. Se pasan os de Fene, enfrontaranse ao vencedor do choque entre o Racing de San Pedro e o Ortigueira, encontro no que se presenta como favorito o conxunto do Ortegal.

O Barallobre quere darse unha homenaxe na Copa, e para iso precisa pasar esta primeira eliminatoria. O adestrador Javier Aguilar non contará para este encontro cos sancionados Fernando e Jorge, pero en principio o resto do plantel estará a disposición do técnico, e celebrará sesións de adestramento esta tarde e mañá venres. Fontes da directiva da Sociedade Deportiva indicaron a Radiofusión que non haberá novidades acerca do adestrador para a vindeira tempada, ata cando menos, dentro de duas semanas. Os contactos iniciados desde a entidade do Ramo concretaránse nese prazo de tempo, segundo afirmaron.

 

Deportes