O Barallobre quere recuperar a alegría en San Sadurniño

O Barallobre quere recuperar a alegría en San Sadurniño

13 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Barallobre visita este domingo ao San Sadurniño. O equipo do Ramo é cuarto na Segunda Autonómica de fútbol con 43 puntos. O conxunto do campo da piscina é séptimo con 41 puntos. Despois de ascender a pasada campaña, o San Sadurniño realizou un inicio de Liga espectacular que o levou a liderar a clasificación nas primeiras xornadas. Mantén o seu potencial goleador.

Quedan 11 partidos para o remate da Segunda Autonómica de fútbol. 33 puntos en xogo e ainda pode pasar de todo. O adestrador do Barallobre Agustín Fernández insiste na necesidade de pelexar para finalizar a Liga entre os 4 primeiros equipos. O equipo do Ramo debe recuperarse do revés sofrido o pasado domingo fronte ao Miño e sair a por todas no campo da piscina de San Sadurniño. Entre lesións e problemas laborais, o técnico pensa xa nas baixas de Fonso, Jorge, Josiño e outros 2 ou 3 xogadores. O partido San Sadurniño Barallobre comezará o domingo ás catro e media da tarde no campo da piscina.

Deportes