O Barco Muralla de Lugo recala na Feira do Viño

O Barco Muralla de Lugo recala na Feira do Viño

10 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Barco Muralla de Lugo estará amarrado esta fin de semana en Chantada, durante a celebración da vixésimo novena Feira do Viño, co que a Deputación aproveita un evento multitudinario, que o ano pasado reuniu a unhas 30.000 persoas, para promocionar a Costa e a riqueza natural da provincia. A aula medioambiental fondeará na Praza de Santa Ana e o horario de atención ó público será de 11:00 a 14:30 e

O periplo da embarcación pola provincia continuará a próxima fin de semana, os días 19 e 20, en Guntín. As seguintes paradas serán O Incio, o 22 e o 23, e Castroverde, o 26 e o 27. Xa en abril, “navegará” ata Vilalba, Antas de Ulla, Pol, Portomarín e San Cibrao. A aula, que forma parte do programa medioambiental Lug02, recibiu o ano pasado, na súa primeira tempada, uns 18.200 visitantes. 

Ademais do Muralla de Lugo, a Deputación sumará a través do programa Km0 outro atractivo máis á Feira do Viño de Chantada fretando dous microbuses, cun total de 48 prazas, que o sábado e o domingo levarán ás persoas que así o desexen a coñecer os viñedos da Ribeira Sacra. As viaxes, coas que se difunde a beleza da paisaxe ribeirega entre veciños da provincia e visitantes, partirán do propio recinto no que terá lugar a feira e achegarán ós pasaxeiros a distintos lugares onde se cultivan vides. Está prevista unha saída cada hora entre as 11:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 19:00.   

Sociedade